Arquivo do blog

Problemas mentais

Problemas mentais

Esta historia sitúase nun pequeno pobo de Galiza, no cal hai un psiquiátrico do que fuxiu un dos psicópatas mais trastornados.

Dous días despois dese incidente nese mesmo pobo houbo unha gran romaría, a que acudía todo o mundo.

Unha parella de noivos que vivía moi lonxe do pobo foi a romaría, na cal pasaron unha fantástica noite. O rematar a noite a parella decidiu volver para casa. Indo de volta o mozo trabucouse de camiño e foron parar ao medio do monte. Despois de daren varias voltas o mozo quedou sen gasolina, e decidiu saír do coche e tentar de volver o pobo para pedir axuda. Mentras,  a rapaza quedou no coche a esperalo.

Despois de esperar case unha hora a rapaza recibe unha chamada do seu mozo dicíndolle que xa chegara á gasolineira e que xa ia de volta cara o coche.

Despois de esperar cerca de dúas horas a rapaza comezouse a preocupar e decidiu chamalo pero… non collía o teléfono, así que, decidiu saír do coche.  Cando aínda non tiña a porta aberta de todo, oíu un golpe moi forte, como o que producen dúas pedras cando se esnafran entre si.

Nese intre a rapaza, aterrada, pechou fortemente a porta e acendeu as luces, o lonxe viu vagamente a sombra dunha persoa, ela pensou que era o seu mozo tentando de gastarlle unha broma, saíu do coche e púxose a camiñar cara el, e cando puido ver algo mellor a aquel home, fixouse en que levaba algo na súa man esquerda, aquilo que levaba era a cabeza do seu mozo.

A rapaza co sorprendida que quedou non foi capaz a moverse do sitio, caeu o solo e pegou un berro, con ese berro o home fuxiu deixando tras de si a cabeza cortada.

A moza desmaiouse e a mañá seguinte espertouna unha policía que facía a típica ronda. A muller o primeiro que fixo foi deter a rapaza, o vela o lado dunha cabeza cortada e ensangrentada. A rapaza foi a xuízo acusada de ser a asasina do mozo. Despois de oír a historia que lle contou a rapaza, a xuíza mandouna internar nun psiquiátrico, o crer que estaba tola días despois de ser ingresada a rapaza suicidouse …

E que foi daquel home ?

Ninguén o sabe, o único que se sabe fixo é que vaga polos bosques, e mata nas noites máis escuras …

Francisco J. Pérez Romero – 4º ESO – PDC

Unha estancia pouco acolledora

Cando abro os ollos non estou na miña cama. Encóntrome nun lugar escuro, húmido, e cun olor moi forte a rancio e a suciedade.

Esperto sentada no chan, apoiada na parede, rodeando os meus xeonllos cos brazos. Teño moito frío e nunca vira un lugar así, soamente nas películas de medo. Asusteime . Amiña nai un día díxome que o que vía tantas películas de medo viviría a súa propia historia de terror. Era una idea que sempre me desvelou.

Como poiden chegar aquí? Por que? Que fixen para vivir este pesadelo? O último que lembro é estar na miña cama, e dunha cousa estaba segura: non chegara a aquel sitio polo meu propio pé… Tiña posto o meu pixama!!

Levanteime intentando orientarme… camiñei arredor de tres horas sen parar, buscando algunha cousa que me axudara a identificar esa estancia tan pouco acolledora ou simplemente unha saída .

Ese lugar, semellante a un túnel , recordoume nunha película que vin… Trataba da época medieval. Debaixo da fortaleza  dos reis había uns túneles  no que se encontraban os alxibes e bordeaban o castelo por debaixo da terra…

Empeceime a asustar. Moito. Nun intento de sacar esa idea da miña cabeza senteime no chan; quería  descansar pero a miña familia era agora o pensamento presente na miña cabeza. Tiña gañas de estar con eles e pensaba que isto era todo un pesadelo. Cerro os ollos con forza esperando aparecer na miña cama. Pero non foi así.

Non sabía que facer, morrería nese frío e solitario lugar.

Non! Non quería pensar niso, pero non encontraba saída ningunha.

Belisqueime, tireime dos pelos, gritei , chorei, pedín axuda e supliquei ata que xa sen forzas. Cansada de non obter resposta as miñas súplicas caín rendida e quedei a durmir.

Soñei que estaba no parque cos meus amigos.

Non quería espertar xamáis dese soño, pero un choro desconsolador desveloume. Era un lamento feminino, un lamento que representaba a dor e o sufrimento daquela muller. Asusteime e encollinme máis do que estaba. Gardei silencio. Tiña tanto medo que polos latidos do meu corazón acabarían descubríndome pois era a melodía que identificaba o meu terror.

Moi atenta e co corazón saíndome pola boca agudicei os oídos e os choros escoitábanse mais preto.

Non sei canto tempo estaría escoitando ese choro desconsolador cando me decidin a descubrir quen estaba chorando… Que outra cousa ía  facer? Polos meus cálculos levaría alí dous ou tres días e tiña moita fame. Sen pensalo dúas veces empecei a seguir o choro cando divisei ao fondo unha figura borrosa, aparentaba unha muller nova.

Saber que non estaba soa fixo que instintivamente botara a correr xunto dela.

Cando estaba a dous pasos asusteime. A muller calou. Estaba moi pálida.

Era unha rapaza, duns vinte anos e tiña o pelo tan longo que lle chegaba a cadeira. Levaba posto un camisón cheo de sangue e moi manchado, tiña magulladuras polo corpo e estaba descalza.

Sentín compaixón por ela pero a vez tiña moito medo pois comecei a falarlle pero non me contestaba. Cando a toquei puiden sentir o seu medo, estaba moi fría pero nin se inmutou.

¿Por que non me contestaba? ¿Non me oía? ¿Que facía aí?

-Por que choras?-Díxenlle ca voz quebrada do medo.

-Por que é o único que fago desde que estou aquí.-Contestoume  sen mirar para min.

Esa reposta desconcertoume un pouco, estaba morrendo co medo e vólvolle a preguntar…

-Como te chamas?

…Non houbo resposta.

-Como te chamas?-Pregunteille outra vez.

-Non o sei.

-Como que non o sabes?

-Non, sei que tiña un nome que me gustaba moito pero xa non o recordo…

-E logo? Que pasou para que non recordes o teu propio nome?

-Levo aquí encerrada tanto tempo que xa non o recordo, xa non sei nin ler, nin escribir, xa non me acordo dos meus pais nin dos meus irmáns …

-Pero que fíxeches para estar aquí?-Pregunteille intrigada buscando por fin a resposta que me indicara a causa da cal me encontraba alí.

Pero non me contestou…preguntoume si tiña fame e a saliva empezou a acumulárseme da fame que tiña.

Ao escoitar a danza das miñas tripas deume un anaco de pan. Estaba rancio, levaría alí dúas semanas o que me pareceu raro, por que…. ¿de onde o sacou?

Cando quixen preguntarlle de onde o sacara xa non estaba. Mordín un anaco e o estómago revolvéuseme .Estaba moi escuálida, perdera moito peso.

Levaría alí unha semana e xa non tiñas forzas, non volvín a ver a muller e tampouco busquei mas a salida, non a encontraría.

Sabía que ía morrer nese lugar e tiña tanto medo que aniqueime nun curruncho, cerrei os ollos moi forte, moi forte e nunca máis os volvín a abrir. Chorei, chorei sen parar.

Paula Otero Hermo. 4ºESO – PDC