Ola!
Estes somos nós:
Paula.
Paula é alta , morena e de ollos marróns claros .Ten un carácter forte pero á vez sensible , gústalle o deporte e sair cos seus amig@s .
Iván.
Iván é alto e delgado. Ten o pelo corto e castaño.
Os seus ollos son dun azul tan transparente que si os miras fixamente, podes ver o teu reflexo.
Sempre vai presentable, … respecto á súa forma de vestir.
É moi respectuoso, sempre pide as cousas educadamente, sempre está disposto a axudar aos demáis cando o necesitan. Eses detalles fan que sexa un bo amigo.
Moncho.
O primeiro no que te fixas ao ver ao meu compañeiro Moncho é nesa mirada, que sempre te saca un sorriso. O aspecto físico do meu compañeiro, podemos decir que é estándar, nin moi alto nin moi delgado.
A el sempre lle gusta vestir roupa de deporte.
En canto ao carácter é unha gran persoa. Alegre, divertido, ás veces un poco lacazán, pero… a pesar de todo, é o meu compañeiro e como tal,o meu amigo.
Fran.
Fran é un compañeiro grande, alto, forte e regordete. O seu cabelo
castaño é largo de aspecto rizado. Os seus ollos marróns transmiten
empatía a calquera que os mire. É agradábel, responsábel e moi atento;
sempre se preocupa dos demais e é moi traballador.
Deixar un comentario
Comments 0