Unha estancia pouco acolledora

Cando abro os ollos non estou na miña cama. Encóntrome nun lugar escuro, húmido, e cun olor moi forte a rancio e a suciedade.

Esperto sentada no chan, apoiada na parede, rodeando os meus xeonllos cos brazos. Teño moito frío e nunca vira un lugar así, soamente nas películas de medo. Asusteime . Amiña nai un día díxome que o que vía tantas películas de medo viviría a súa propia historia de terror. Era una idea que sempre me desvelou.

Como poiden chegar aquí? Por que? Que fixen para vivir este pesadelo? O último que lembro é estar na miña cama, e dunha cousa estaba segura: non chegara a aquel sitio polo meu propio pé… Tiña posto o meu pixama!!

Levanteime intentando orientarme… camiñei arredor de tres horas sen parar, buscando algunha cousa que me axudara a identificar esa estancia tan pouco acolledora ou simplemente unha saída .

Ese lugar, semellante a un túnel , recordoume nunha película que vin… Trataba da época medieval. Debaixo da fortaleza  dos reis había uns túneles  no que se encontraban os alxibes e bordeaban o castelo por debaixo da terra…

Empeceime a asustar. Moito. Nun intento de sacar esa idea da miña cabeza senteime no chan; quería  descansar pero a miña familia era agora o pensamento presente na miña cabeza. Tiña gañas de estar con eles e pensaba que isto era todo un pesadelo. Cerro os ollos con forza esperando aparecer na miña cama. Pero non foi así.

Non sabía que facer, morrería nese frío e solitario lugar.

Non! Non quería pensar niso, pero non encontraba saída ningunha.

Belisqueime, tireime dos pelos, gritei , chorei, pedín axuda e supliquei ata que xa sen forzas. Cansada de non obter resposta as miñas súplicas caín rendida e quedei a durmir.

Soñei que estaba no parque cos meus amigos.

Non quería espertar xamáis dese soño, pero un choro desconsolador desveloume. Era un lamento feminino, un lamento que representaba a dor e o sufrimento daquela muller. Asusteime e encollinme máis do que estaba. Gardei silencio. Tiña tanto medo que polos latidos do meu corazón acabarían descubríndome pois era a melodía que identificaba o meu terror.

Moi atenta e co corazón saíndome pola boca agudicei os oídos e os choros escoitábanse mais preto.

Non sei canto tempo estaría escoitando ese choro desconsolador cando me decidin a descubrir quen estaba chorando… Que outra cousa ía  facer? Polos meus cálculos levaría alí dous ou tres días e tiña moita fame. Sen pensalo dúas veces empecei a seguir o choro cando divisei ao fondo unha figura borrosa, aparentaba unha muller nova.

Saber que non estaba soa fixo que instintivamente botara a correr xunto dela.

Cando estaba a dous pasos asusteime. A muller calou. Estaba moi pálida.

Era unha rapaza, duns vinte anos e tiña o pelo tan longo que lle chegaba a cadeira. Levaba posto un camisón cheo de sangue e moi manchado, tiña magulladuras polo corpo e estaba descalza.

Sentín compaixón por ela pero a vez tiña moito medo pois comecei a falarlle pero non me contestaba. Cando a toquei puiden sentir o seu medo, estaba moi fría pero nin se inmutou.

¿Por que non me contestaba? ¿Non me oía? ¿Que facía aí?

-Por que choras?-Díxenlle ca voz quebrada do medo.

-Por que é o único que fago desde que estou aquí.-Contestoume  sen mirar para min.

Esa reposta desconcertoume un pouco, estaba morrendo co medo e vólvolle a preguntar…

-Como te chamas?

…Non houbo resposta.

-Como te chamas?-Pregunteille outra vez.

-Non o sei.

-Como que non o sabes?

-Non, sei que tiña un nome que me gustaba moito pero xa non o recordo…

-E logo? Que pasou para que non recordes o teu propio nome?

-Levo aquí encerrada tanto tempo que xa non o recordo, xa non sei nin ler, nin escribir, xa non me acordo dos meus pais nin dos meus irmáns …

-Pero que fíxeches para estar aquí?-Pregunteille intrigada buscando por fin a resposta que me indicara a causa da cal me encontraba alí.

Pero non me contestou…preguntoume si tiña fame e a saliva empezou a acumulárseme da fame que tiña.

Ao escoitar a danza das miñas tripas deume un anaco de pan. Estaba rancio, levaría alí dúas semanas o que me pareceu raro, por que…. ¿de onde o sacou?

Cando quixen preguntarlle de onde o sacara xa non estaba. Mordín un anaco e o estómago revolvéuseme .Estaba moi escuálida, perdera moito peso.

Levaría alí unha semana e xa non tiñas forzas, non volvín a ver a muller e tampouco busquei mas a salida, non a encontraría.

Sabía que ía morrer nese lugar e tiña tanto medo que aniqueime nun curruncho, cerrei os ollos moi forte, moi forte e nunca máis os volvín a abrir. Chorei, chorei sen parar.

Paula Otero Hermo. 4ºESO – PDC

Posted on 27/11/2013, in Uncategorized and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Escalofriante! Que medo!

Deixar un comentario